E.E.I. Municipal Arela

O noso proxecto

A Escola Infantil Municipal Arela escolariza a nenas e nenos do primeiro ciclo de Educación Infantil (0 a 3 anos). O proxecto educativo da nosa escola pretende desenvolver:

  • Unha educación que emane do coñecemento da infancia en xeral, e de cada nena e neno en particular, desde o convencemento de que a infancia se constitúe como unha etapa vital con características propias e plena de significado.
  • Unha educación integral que propicie no noso alumnado experiencias que estimulen o seu desenvolvemento completo e onde se potencien  os valores da convivencia en democracia.
  • Unha educación dirixida á conquista da propia autonomía e que potencie o desenvolvemento dunha actitude crítica, activa e participativa.
  • Unha educación que respecte os ritmos particulares de crecemento, de maduración e de aprendizaxe de cada neno e nena, tendo en conta a diversidade e favorecendo a escolarización de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
  • Unha educación que implique activamente á familia e demais membros da comunidade educativa no proxecto formativo dos alumnos e alumnas da nosa escola.
  • Unha educación na que a lingua galega, castelá e inglesa estean presentes nos procesos de  aprendizaxe.
  • Unha educación na que teña cabida o respecto e a conservación do medio ambiente, a través da participación en proxectos de educación ambiental como Voz Natura.